FSIE 40 años

Ministerio Educacion rec

FSIE constatou hai escasos minutos que no texto do Real Decreto-ley 24/2018, de 21 de decembro, polo que se aproban medidas urxentes en materia de retribucións no ámbito do sector público, publicado hoxe pola mañá no BOE, veñen recollidas dúas das nosas reivindicacións fundamentais respecto das retribucións do persoal da Ensinanza Concertada.

Como xa recoñeceran representantes do Ministerio na reunión da Mesa Sectorial en novembro, conseguiuse que se emende o erro cometido nos Presupuestos Generales de 2018 que establecía unha subida salarial para os profesionais en pago delegado inferior nun 0,125 á dos seus homólogos da pública.

A nova lexislación inclúe ademais que se aplique, como reclamamos insistentemente desde FSIE, a mesma subida salarial para 2019 que aos funcionarios, aplicando esta revisión a todas as partidas do módulo económico de concerto.

FSIE valora moi positivamente que o Ministerio de Educación y Formación Profesional escoitara finalmente as nosas peticións, longamente reivindicadas, e se amose disposto finalmente a dar un paso cara á equiparación salarial do sector da Ensinanza Concertada coa pública acabando así con esta inxusta situación de desigualdade.

Documentos relacionados

Real Decreto-ley (BOE, 27-12-2018)

 Banner Decalogo2

Temos 47 anónimos e ningún membro en liña