FSIE 40 años

Mesa Concertada 19Dic

FSIE puxo de manifesto a discriminación da que son obxecto os profesionais e o sector da ensinanza concertada.

Na reunión mantida onte na Mesa Sectorial do Ensinanza Concertada, FSIE trasladou ao Ministerio o seu desacordo coa reforma proposta tanto polo procedemento seguido como polo contido da mesma.

Como manifestamos durante o encontro aos representantes do Ministerio de Educación y Formación Profesional entendemos que tanto a nova normativa como o proceso acelerado imposto responden a intereses electorais cando a verdadeira urxencia do sistema educativo é alcanzar un Pacto educativo e non o Proxecto de reforma presentado.

Na súa intervención, o Secretario General de FSIE Javier Muñoyerro sinalou a ausencia dunha memoria económica que atenda os claros déficits de financiamento, especialmente na ensinanza concertada.

Para FSIE é fundamental que a aplicación dun novo currículo afecte ás condicións laborais dos docentes, con recortes ou despedimentos, que se manteña a prioridade dos fillos dos traballadores de centros concertados e públicos na admisión de alumnos, e que os concertos da FP Básica sexan xerais e non singulares como se propón no texto. Ademais, esiximos que se aseguren unhas boas condicións para o sector respecto da xubilación parcial e que se manteña a Mesa Sectorial como espazo imprescindible de negociación e diálogo.

Como anunciabamos o pasado martes, outro dos temas que FSIE puxo sobre a mesa foi a necesidade de alcanzar un acordo para 2019 e 2020 no que se garanta a aplicación ao persoal docente de centros concertados dos mesmos incrementos salariais que se pactaron para os funcionarios.

FSIE trasladou a súa preocupación polas modificacións de carácter ideolóxico que propón o Goberno e, por exemplo, reiterou a súa petición de manter a demanda social como factor imprescindible na planificación da oferta escolar.

FSIE, sen prexuízo de que remitirá novamente por escrito todas as nosas alegacións e reivindicacións, solicitou ao Ministerio unha nova reunión no mes de xaneiro para poder abordar en profundidade todos estes aspectos e poder comezar a traballar canto antes nas melloras que tanto o sistema educativo como os seus profesionais necesitan con urxencia.

 Banner Decalogo2

Temos 77 anónimos e ningún membro en liña