FSIE 40 años

Alumnos en clase copia

O pleno do Congreso dos Deputados aprobou onte o "Proyecto de Ley de mejora de las condiciones para el desempeño de la docencia y la enseñanza en el ámbito de la educación no universitaria" orientado a reverter os aspectos do Real Decreto Ley 14/2012 relativos á carga lectiva, as substitucións do profesorado e o cociente alumno-profesor.

Coa aprobación desta lei ordinaria de artigo único establécese que as administracións autonómicas poderán fixar a xornada lectiva dos docentes recomendándose un máximo de 23 horas de carga lectiva nos centros de Educación Infantil, Primaria e Especial, e de 18 nos centros que imparten o resto de ensinos.

Como xa denunciara a Federación de Sindicatos Independientes de Enseñanza o pasado mes de setembro, esta medida supón unha nova discriminación aos docentes do ensino concertado ao indicarse claramente no texto que dita medida poderá aplicarse só nos centros públicos, permitindo que nos centros concertados a carga lectiva alcance as 25 horas semanais co agravante duns salarios substancialmente inferiores.

Desde o sindicato esixiuse desde o primeiro momento que, tendo en conta que esta reforma se xustifica na necesidade de acometer a mellora das condicións para o desempeño da docencia no ensino non universitario, debe aplicarse sen distinción e en igualdade de condicións a todos os docentes de centros sostidos con fondos públicos. Por iso, FSIE iniciou unha rolda de contactos cos representantes de todos os grupos parlamentarios para presentar a súa proposta de homoxeneización da carga lectiva en cumprimento do establecido polo Tribunal Constitucional na súa Sentencia del Pleno 26/2016, del18 de febrero de 2016, na que ditamina claramente que a carga lectiva do profesorado dos centros públicos e privados concertados é competencia da Administración.

Marta Martín, portavoz na Comisión de Educación do Congreso dos Deputados por Cidadáns, materializaba no pleno de onte o apoio á proposta de FSIE presentando unha emenda á totalidade na que, ademais da elaboración dun estatuto da profesión docente, solicitan que se estableza un "marco de horas lectivas que permita minimizar as diferenzas entre as distintas Administracións Educativas tanto na definición e cómputo das mesmas como no número de horas mínimas e máximas que un docente pode impartir con independencia do territorio no que se atope".

Neste sentido, e como síntoma inequívoco do descontento xeral do sector educativo, tamén manifestou a súa desconformidade coa reforma a Central Sindical Independiente y de Funcionarios (CSIF) que nun comunicado sinalaba que é esencial contar cun currículo e unha carga lectiva básica e igual para todo o Estado.

Pola súa banda, FSIE continuará esixindo ao Ministerio de Educación y Formación Profesional que aplique os mesmos criterios en todos os centros sostidos con fondos públicos, como ditaminou o Consejo Escolar del Estado o pasado outubro, para que todos os docentes poidan exercer a súa profesión en igualdade de condicións.

Documentos relacionados

Boletín informativo

 Banner Decalogo2

Temos 126 anónimos e ningún membro en liña