FSIE 40 años

Captura de pantalla 2017 11 14 a las 9.52.03FSIE celebra este ano o Día Universal del Niño baixo a lema "De su hoy como niños, depende nuestro mañana. Ayúdales a dejar su huella", lembrando que os nenos son o futuro e todos temos unha responsabilidade para que os seus dereitos, recollidos na Convención sobre los Derechos del Niño adoptada pola Asamblea General de Naciones Unidas, se respecten en todos os ámbitos. Os profesionais da educación e a atención aos menores, como elementos esenciais no seu desenvolvemento tanto persoal como intelectual, estamos obrigados a velar pola súa protección e a coidar da súa integridade.
Por iso, e neste momento no que as aulas son o seu fogar, non podemos mirar cara a outro lado cando aumentan os casos de acoso e mal trato. FSIE, como organización concienciada con este tema, chama ás administracións a facilitar todos os medios, formación e ferramentas para que estes profesionais poidan traballar as súas habilidades e previr, detectar e actuar para que os nenos sigan sendo nenos e para que empecen a deixar unha pegada positiva que reverta na construción dun mañá mellor para todos.

Ademais, desde FSIE quérese animar aos centros a que promovan campañas e iniciativas entre os menores para atallar o problema do acoso e tamén para sementar neles a necesaria empatía que lles permita entender que existen outras realidades complexas no noso mundo, e que os nenos como eles están expostos e sofren as consecuencias de conflitos bélicos, pobreza extrema, desnutrición, falta de democracia ou intolerancia por razón de sexo ou conviccións relixiosas. Protexer a infancia é unha tarefa de todos os que un día fomos nenos. O noso mañá dependerá do seu hoxe, por iso é necesario que a sociedade se implique, e traballe para que desde este momento vaian deixando unha pegada que faga do mundo un lugar mellor.


Documentos relacionados
Nota de prensa 
Cartel Día Universal del Niño 2017 - Material para imprimir
Cartel Día Universal del Niño 2017 - material digital
Cartel 40 anos - material dixital
Post para Twitter Día Universal del Niño 2017 - material digital

 

Temos 21 anónimos e ningún membro en liña