FSIE 40 años

Captura de pantalla 2017 10 26 a las 11.43.33Un 30 de outubro, pero de 1977, en plena transición democrática, un pequeno grupo de profesionais do ensino privado dos sindicatos independentes de Madrid e Zaragoza reuníanse na capital para, ao amparo da recentemente aprobada Ley Reguladora del Derecho de Asociación Sindical, crear a Federación de Sindicatos Independientes de Enseñanza (FSIE), unha organización sindical que defendese os intereses dos profesionais e a liberdade de ensino, entendida como liberdade de elección e creación de centros docentes. Entre os asinantes da acta de constitución atopábase Francisco Vírseda García.

Da man deste, que ocuparía o cargo de secretario xeral da organización desde a súa creación ata 2009, FSIE consolidouse como organización, creceu e implantouse en todo o territorio nacional. Tras el, outros continuaron o seu labor, como Jesús Pueyo, secretario xeral ata 2017, e agora Francisco Javier Muñoyerro, que terminará a súa lexislatura en 2021.

Grazas ao seu esforzo durante todos estes anos e aos firmes alicerces sobre os que se sostén FSIE, como son a profesionalidade, a coherencia, a independencia, a rigorosidade ou o diálogo, o sindicato, creado por e para profesionais, converteuse en referente para miles de traballadores e no seu interlocutor coas administracións, as organizacións patronais, outros sindicatos, formacións políticas e todo tipo de institucións e foros.

FSIE hoxe é a voz de máis de 30.000 afiliados e os traballadores do sector do ensino privado e da atención ás persoas con discapacidade apoian o seu labor, recoñecéndoa coa elección de 4.700 delegados sindicais nos distintos convenios colectivos que fan que sexa a primeira forza sindical no conxunto de todo o sector. Coa ilusión do primeiro día e a experiencia de 40 anos!


Documentos relacionados
Acta de Constitución
Nota de Prensa
Cartel 40 anos - material para imprimir
Cartel 40 anos - material dixital
Post para Twitter 40 anos FSIE - material dixital

 

 

Temos 93 anónimos e ningún membro en liña