Captura de pantalla 2016 10 28 a las 12.02.35Desde o 1 de novembro de 2016 estará en funcionamento o 900 018 018, o número habilitado polo Ministerio de Educación contra o acoso escolar, un servizo activo as 24 horas do día os 365 días do ano no que alumnos, familias, docentes ou todo aquel que sufra ou coñeza casos de "bullying" pode denunciar de maneira anónima e gratuíta.

Á fronte desta iniciativa, enmarcada dentro do Plan de Convivencia Escolar, está un nutrido equipo de profesionais formado por psicólogos, traballadores sociais, sociólogos e xuristas que atenden as chamadas e xestionan as posibles solucións, implicando ás forzas e corpos de seguridade do Estado no caso de que sexa necesaria a súa intervención.

Ademais, a atención estenderase aos usuarios con discapacidade auditiva ou da fala, que poden acceder mediante servizo de mensaxería ou vídeo-chamada.

O 900 018 018 quere cubrir unha demanda importante da sociedade e a comunidade educativa, e é o único teléfono específico para a atención de casos de malos tratos nos centros educativos.

LEMBRA, se es VÍTIMA ou TESTEMUÑA, marca o 900 018 018:

-24 horas ao día/ 365 días ao ano.

-Chamadas anónimas e gratuítas (non deixan rastro na factura).

-Atención específica por profesionais.

-Acceso a usuarios con discapacidade visual ou auditiva.

Na loita contra o acoso escolar, todos xuntos

 

 

Temos 79 anónimos e ningún membro en liña