FSIE 40 años

Captura de pantalla 2016 11 15 a las 10.14.33Tras presentar o pasado 19 de outubro o recurso de impugnación contra o Real Decreto que regula as avaliacións finais de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, por designar ao profesorado funcionario como o único encargado de aplicar e cualificar estas probas, o Tribunal Supremo, segundo publica o BOE este 14 de novembro, dá un prazo de nove días para a personación de quen teñan interese lexítimo en soster a conformidade a dereito da norma.

FSIE formalizaba a impugnación, tal e como xa fixera co decreto que regulaba a avaliación de Primaria, por considerar que existe un trato lexislativo discriminatorio ao excluír aos docentes do ensino privado e concertado da cualificación das probas en favor dos seus homólogos funcionarios, que, ademais, encargaranse da realización, seguimento e supervisión destas avaliacións que outorgan aos alumnos de 4º da ESO e 2º de Bacharelato o título académico correspondente á finalización destas etapas.

Segundo argumenta FSIE, este Real Decreto supón un incumprimento da Lei Orgánica para a Mellora da Calidade do Sistema Educativo (LOMCE), onde se establece que "as probas finais externas serán aplicadas e cualificadas por profesorado do sistema educativo español externo ao centro". Na mesma lei déixase claro que o sistema educativo español está formado por todos os profesionais tanto do sector público como privado.

FSIE insiste en que o Real Decreto é contrario á lei, ademais de constituÍr unha discriminación inaceptable dos docentes do ensino privado e concertado, profesionais que posúen idéntica titulación que os seus homólogos da función pública e que parece que están suficientemente cualificados para educar, avaliar e decidir sobre os seus alumnos, pero non para participar nas probas de avaliación dun sistema do que tamén forman parte.

FSIE manifestou en reiteradas ocasións o seu rexeitamento a estas avaliacións finais, tal e como están reguladas neste momento, e solicitou ao Ministerio de Educación e aos partidos políticos que adopten con urxencia as medidas necesarias para aprazar a súa aplicación ata que se alcance un demandado consenso sobre unha nova lei educativa.

 

 

Temos 35 anónimos e ningún membro en liña