FSIE 40 años

Captura de pantalla 2016 10 27 a las 15.32.03FSIE valora moi positivamente o anuncio do presidente do Goberno en funcións e candidato á reelección, Mariano Rajoy, no que deixa en suspenso os efectos académicos das avaliacións finais de ESO e Bacharelato ata que chegue o tan necesario Pacto Educativo, asegurando que ambas as probas non serán necesarias para a obtención do título.

FSIE, que xa deixou clara a súa postura sobre esta cuestión e propuxera recentemente ao titular de Educación, Íñigo Méndez de Vigo, que as controvertidas reválidas non fosen necesarias para que os alumnos lograsen a súa titulación, tal e como agora se anuncia, reclama a materialización da medida canto antes no Real Decreto correspondente, pedindo, ademais, que no mesmo se recolla tamén outra das súas demandas, como é que estas avaliacións externas sirvan como probas de diagnóstico para detectar os posibles problemas dos alumnos, deixando marxe aos centros para actuar e tomar medidas que poidan emendalos.

É por iso, que a organización considera que as probas deben realizarse en 3º ou 4º de Primaria e en 2º de ESO.


Documentos relacionados
Nota de prensa

 

 

 Banner Decalogo2

Temos 230 anónimos e ningún membro en liña