FSIE 40 años

FSIE CALIFICA A NOVA LEI CELAÁ COMO UN AUTÉNTICO DESPROPÓSITO

CongresoDiputados InteriorÁ falta de diálogo e negociación que caracterizou este Proxecto de Lei de reforma de LOE do Goberno, situación moi parecida á vivida coa Lei Wert, súmase agora a decisión de aprobala en Consejo de Ministros evitando intencionadamente que o Consejo de Estado realice un informe sobre o mesmo.

Como xa manifestásemos o pasado venres nos medios de comunicación, FSIE considera a aprobación do anteproxecto por esta vía de extrema gravidade xa que se trata dunha Lei Orgánica. Ademais, parece que este Goberno non só non valora o traballo desempeñado polo Consello do Estado senón que mesmo o despreza xa que tampouco someteu a revisión e validación polo mesmo a Lei de mellora das condicións para o desempeño da docencia e a ensinanza non universitaria.

O SENADO APROBA A EMENDA DE FSIE RATIFICADA POLO CONSEJO ESCOLAR DO ESTADO

Boletin Carga Lectiva 13 Febrero

O "Proyecto de Ley de mejora de las condiciones para e desempeño de la docencia y la enseñanza en el ámbito de la educación no universitaria" reduce a carga lectiva semanal do docentes pero só en centros públicos.

FSIE denunciou a clara discriminación cara ao profesorado da ensinanza concertada e presentou unha emenda no Consejo Escolar do Estado que foi aprobada no seu Ditame 18/2018 propondo incluír no Articulo Único.2 da Lei un texto, que o Ministerio non aceptou e que é o mesmo que agora aprobou o Senado.

 Banner Decalogo2

Temos 50 anónimos e ningún membro en liña