FSIE 40 años

Reloj pizarra redFSIE defendeu nestas semanas a importancia de alcanzar un Acordo que clarificase as cuestións relacionadas co control e rexistro da xornada laboral.

No entanto, a firma do Acordo por parte das organizacións patronais e o resto dos sindicatos parécenos precipitada, tendo en conta que aínda non se coñecen os criterios técnicos cos que vai actuar a Inspección de Traballo que hai uns días anunciou a súa próxima publicación. A Inspección de Traballo viuse na necesidade de elaborar estes criterios de actuación ante a inxente cantidade de dúbidas e problemas que están a xurdir nas empresas para aplicar a nova norma e particularmente no noso sector.
FSIE pediu reiteradamente a todas as organizacións esperar a coñecer estes criterios, para que o Acordo ao que se puidese chegar tivese máis seguridade xurídica e que os pasos que se dean neste asunto sexan axustados á norma e á aplicación que dela vai facer a Inspección de Traballo. Non tivemos éxito.

Non sabemos cales serán eses criterios da Inspección, nin a incidencia que poidan ter ou non no sector. A nosa petición obedecía á prudencia coa que cremos debe tratarse un tema tan importante como este. Non existía a urxencia de asinar tan precipitadamente este Acordo. A Inspección de Traballo xa aclarara que mentres se estivese negociando non se sancionaría ás empresas. Podíase esperar perfectamente e mellorar o Acordo que se asinou.

O Acordo incorpora algunhas cuestións relacionadas coa formación que xa foron resoltas polos tribunais, pero non concreta a forma de computar nin que computar. O Acordo clarifica e mellora as actividades/saídas de só un día cos alumnos en día laborable. Con todo, desde o noso punto de vista complícase a aplicación do convenio nos puntos asinados sobre o recreo e os tempos entre clases. Cremos que estas cuestións serán fonte de conflitos.

O Acordo non dá solución a moitas das cuestións que veñen sendo polémicas sobre o cómputo das horas lectivas (concepto, duración, ...) e non lectivas (por exemplo, como se van rexistrar e recoñecer as horas que se fan fóra do centro)

FSIE vai consultar nos próximos días cos seus órganos de goberno a posición definitiva ante este Acordo.

FSIE seguirá traballando para que o rexistro da xornada laboral sexa o máis efectivo posible de forma que se resolvan, mediante o diálogo e negociación nos centros, os problemas que seguen e seguirán presentes á hora de computar e rexistrar a xornada laboral dos traballadores.


Documentos relacionados

 Banner Decalogo2

Temos 191 anónimos e ningún membro en liña